······················································································································································

······················································································································································

Arquivo para ‘Novembro, 2011’

Os viveiros municipais de empresas reciben os primeiros ocupantes

Os viveiros municipais de empresas reciben os primeiros ocupantes

Comezaron a funcionar xa os primeiros viveiros de empresa situados no Multicentro de Torneiros. Hai un total de sete locais dos cales tres xa están ocupados. Un despacho de avogados, unha empresa de servizos informáticos e outra de espectáculos son as primeiras que asinaron, co alcalde Nelson Santos, o contrato que lles permitirá dispor dun [...]

Ábrese o prazo de inscrición para a Escola de Alfombristas

Ábrese o prazo de inscrición para a Escola de Alfombristas

A Concellería de Cultura de Ponteareas abriu o prazo de inscrición para participar nun novo curso da Escola de Alfombristas. A iniciativa, totalmente gratuíta e dirixida a nenos e nenas maiores de 6 anos, busca que as novas xeracións de ponteareáns coñezan polo miúdo a confección das alfombras do Corpus Christi, festa declarada de Interese [...]

O CTI de Baloncesto visita Ponteareas

O CTI de Baloncesto visita Ponteareas

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área técnica, desenvolve o denominado programa de tecnificación itinerante destinado ás localidades nas que o baloncesto non está suficientemente consolidado. Este Centro de Tecnificación Itinerante (CTI) visitou Ponteareas o pasado domingo 13 de novembro e desenvolveu as súas actividades no Complexo Deportivo “Álvaro Pino”. Logo da [...]

O Filminho homenaxea a Eliseo Alonso

O Filminho homenaxea a Eliseo Alonso

Este ano o Filminho tivo variedade de temáticas: Eliseo Alonso, o río, o Lanzo da Cruz, as fronteiras e a crise. Estes asuntos foron tratados en distintos formatos. Así, houbo exposición de fotografías, sesión de poesía, obradoiros infantís e moito cinema. O evento comezou o sábado 22 de outubro cunha sesión de poesía en torno [...]

Francisco Álvarez Koki presentou na Guarda o seu libro “Maruxía”

Francisco Álvarez Koki presentou na Guarda o seu libro “Maruxía”

Francisco Álvarez Koki, escritor guardés, presentou o 11 de novembro a reedición do seu libro de poemas “Maruxía”. O acto estivo presentado polo tamén escritor Xosé María Álvarez Caccamo e durante o mesmo o propio autor recitou unha selección dos poemas que forman o libro. Francisco Álvarez-Koki reside dende 1984 en Nova Iork, onde continúa [...]

Homenaxe ao Pasodobre “Puenteareas”

Homenaxe ao Pasodobre “Puenteareas”

O 20 de outubro celebrouse en Ponteareas o LXXXII Aniversario da estrea do pasodobre Puenteareas. Así, realizouse unha ofrenda floral diante do busto de Reveriano Soutullo e a continuación a Banda de Música do Conservatorio Reveriano Soutullo interpretou a peza homenaxeada. O acto rematou coa proxección dun vídeo no Salón de Plenos do Concello sobre [...]

Parvos e suicidas!

Parvos e suicidas!

Quen fai isto -o que nos está a pasar- son os mesmos de sempre, son os mesmos que foron e os mesmos que fixeron o que fixeron ao longo da historia, nesta negrasombra que suma e segue. Agora empregan eufemismos e vehemencias finxidas,… nótaselles a impostación teatreira. Non serán tesoirazos, serán axustes! Iso si, recortando [...]

Salceda poderán dispor de conexión directa á nova rede de cable R

Salceda poderán dispor de conexión directa á nova rede de cable R

Cerca de 2.500 fogares e empresas de Salceda poderán dispor de conexión directa á nova rede de cable da empresa R O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e o Xerente de Desenvolvemento da empresa R, Juan Antonio Barbero, reuníronse para pechar os detalles do acordo polo cal se extenderá a nova infraestrutura de fibra óptica [...]

······················································································································································

······················································································································································

HISTÓRICO

···························

···························

SÍGUENOS

Síguenos no Facebook
Síguenos no Twitter

···························

···························

···························

···························

.

PUBLICIDADE

Iniciar sesión - 000111 | PubliZidade con Z