·································································································································································

·································································································································································

Alejandro Marzoa comezará a filmar “Somos xente honrada” na Coruña

Presentación da rodaxe de "Somos xente honrada", unha película de Alejandro Marzoa | Foto Francisco Puñal

A Coruña | O director Alejandro Marzoa comezará filmar o 25 de xuño, na cidade galega da Coruña e os seus arredores a súa opera prima “Somos xente honrada”, unha comedia dramática, protagonizada por Paco Tous e Miguel de Lira.

O filme é producido por “El Terrat” e “Vaca Films” en co-produción coa portuguesa “Persoa non grata Pictures”. Foi presentado no centro cultural Ágora, da capital Herculina, polos produtores José Corbacho e Emma Lustres xunto co elenco artístico integrado por Manuel Lozano, Antonio Duran (Morris), Unax Ugalde, entre outros.

O guión de “Somos xente honrada” é de Miguel Ángel Blanca, Alejandro Marzoa e Juan Cruz, e presenta o conflito de dous pais en paro e sen diñeiro. Un día eles van pescar e atopan un paquete con dez quilos de cocaína, e deciden comezar a vendela, pero …

Alejandro Marzoa manifesta estar interesado ​​en presentar unha historia con personaxes recoñecibles e próximas, en situación extrema. Quero facer, -destacou- un filme universal, divertido e ameno. Non busco a gargallada, mais sí facer rir, ante situacions que se presupon non teñen moita gracia, senon máis ben todo o contrario.

Presentación da rodaxe de "Somos xente honrada", co director Alejandro Marzoa | Foto Francisco Puñal

Alejandro Marzoa nado en Vigo en 1979, graduouse de Técnico Superior en Imaxe na Escola de Imaxe e Son da nomeada cidade galega, e en Direción de Fotografía na ESCAC. As súas curtametraxes “Temporada 92-93″, “Padre Modelo” e “Amistad” gañaron moitos premios internacionais en varios festivais.

“Somos xente honrada” conta coa participación de Televisión Española (TVE), Televisión de Catalunya (TVC), co apoio do Ministerio de Cultura, e coa colaboración de Base New Talent de ESCAC .

···························

···························

Os comentarios estan pechados

·································································································································································

·································································································································································

HISTÓRICO

···························

···························

SÍGUENOS

Síguenos no Facebook
Síguenos no Twitter

···························

···························

···························

···························

.

PUBLICIDADE

Iniciar sesión - 000111 | PubliZidade con Z