·································································································································································

·································································································································································

Apertura da sétima “Feira de Oportunidades” do Morrazo

O Morrazo | Mañá venres día 6 de xullo ás 18:00h procederase á apertura da
Feira de Oportunidades do Morrazo, na súa sétima edición, máis agardada que nunca debido ao difícil momento económico que se está a vivir.

Este ano prevé, de feito, aumentar o número de visitantes, ao tratarse dun evento destas características onde os establecementos presentarán os seus produtos en stock cun desconto dun 40% como mínimo.

A carpa instalada para esta feira na Alameda Nova de Cangas (entorno dos Xardíns do Sinal) conta cunha extensión de 1.100 m2 e dará cabida a un total de 33 expositores de diferentes sectores. A continuación amosamos a lista completa de participantes:

DECORACIÓN:
- ARTESA
- LA SASTRERÍA
DEPORTES:
- DEPORTES CAÍÑO
- DEPORTES DYNAMIS
- DEPORTES ÓLIVER
- FREDYSPORT
- MÍNIMAS DEPORTES
- PLUSMARCA
- SENDA Y MAR
MODA INFANTIL:
- ANAMARIANA
- MAVE MODA INFANTIL Y JUVENIL
- PIPA MODA INFANTIL
- SIPI NOPI
- TRASNOS, CALZADO INFANTIL E XUVENIL
- XOANIÑA
MODA HOME-MULLER:
- ATREZZO
- IMAGEN COMPLEMENTOS & REGALOS
- ÍNTIMA 3
- KTS
- LE COQUETTE
- LENCERÍA GLAMOUR
- MERCA PRECIO
- MERCEDITAS
- MODAS MARÍA
- OXFORD BOUTIQUE
- RINCÓN DE PÓ
- TE UVE LOOK
- WWW.EVITAYPUNTO.COM
- ZAP
- ZOCO
OUTROS:
- BECHOS MASCOTAS
- KEBO LONKY S.L.
- ÓPTICA STUDIO

A 7ª Feira de Oportunidades permanecerá aberta dende o Venres 6 ata o Domingo 8 de xullo no seguinte horario:
• VENRES: APERTURA ás 18:00h, ata as 23:00h.
• SÁBADO E DOMINGO: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.

Organiza a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo coa colaboración do Concello de Cangas e Novagalicia Banco.

A Feira de Oportunidades tamén é moi importante para o comercio asociado do Morrazo, dado que agardan dar saída aos produtos almacenados e transformalos en efectivo, que axude a seguir adiante coa súa empresa. Lembramos que se poderán facer compras con tarxeta, como se mercasen no seu establecemento habitual, dado que os expositores contarán con TPV inalámbrico.

Coincidindo co comezo das Rebaixas, a feira supón unha alternativa ás grandes superficies, así como un punto de presentación dos establecementos da nosa comarca a todos os visitantes.

Será unha feira moi divertida, coma o cartel que as rapazas de NyxStyle (www.nyxstyle.com) realizaron para esta edición, e a carpa contará cunha decoración especial moi colorida no seu interior, tamén idea destas rapazas.

O evento estase a promover a través das Redes Sociais en facebook e twitter, onde está a ter moi boa acollida, chegando a público máis diverso e de diferentes puntos da xeografía. Quen desexe saber máis da Feira de Oportunidades pode acceder á reportaxe que FECIMO ten na súa canle de videos de youtube:

 

···························

···························

Os comentarios estan pechados

·································································································································································

·································································································································································

HISTÓRICO

···························

···························

SÍGUENOS

Síguenos no Facebook
Síguenos no Twitter

···························

···························

···························

···························

.

PUBLICIDADE

Iniciar sesión - 000111 | PubliZidade con Z