Ponteareas | Na mañá do luns 16 en rolda de prensa en Mondariz, CXG, informou sobre o acto de presentación do novo referente político na comarca do Condado. No acto asistiron Mónica Peralba, Secretaria Comarcal e concelleira en Mondariz, Chuco Abalde, Secretario Local en Ponteareas, Sandra Araúxo, Secretaria de Organización e Acción Feminista, na Executiva Nacional e Teresa Táboas, membro do Consello Político Nacional e exconselleira de Vivenda na Xunta de Galicia.
O vindeiro mércores 18, ás 21h no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, Compromiso por Galicia, presentarase en sociedade ante os veciños e veciñas da comarca No acto participarán Chuco Abalde, Sandra Araúxo, Rafa Cuíña, membro da Executiva Nacional, Teresa Táboas e Xoán Bascuas, Secretario Xeral.
Mónica Peralba destacou a importancia de recuperar a confianza dos cidadáns na clase política, nestes momentos tan desprestixiada.
Nunha rolda de actos CXG, está dando a coñecer por todo o pais, as súas propostas ideolóxicas e programáticas, porque un dos pilares básicos da nova organización é a participación cidadá na toma de decisións. Unha mostra desta participación será a elección do seu candidato ou candidata a Xunta de Galicia, que será elixido por primarias abertas a cidadanía, segundo informou Teresa Táboas.
CxG aspira gobernar este pais, e conseguir sacar a Galicia da grave situación económica na que se atopa, segundo manifestou, Sandra Araúxo.
Chuco Abalde, animou os veciños e veciñas da comarca a que asistan o acto e coñecer de primeira man este novo referente político.









