·································································································································································

·································································································································································

Exposición de banda deseñada “A cabeza non para” de Xosé Manuel Fernández

Monforte de Lemos | Do 1 ao 14 de xuño na sala de exposicións da Casa da Cultura poderá visitarse a Exposición de BANDA DESEÑADA titulada “A cabeza non para” de Xosé Manuel Fernández.

A Exposición inclúe unha pequena mostra das viñetas feitas nos últimos doce anos por Xosé Manuel Fernández.

“Eu son un deses personaxes que corre polo mundo; o de correr é un dicir, máis ben ando. Pois iso, ando polo mundo… distraído e disperso, ou como diría a miña nai: “nas berzas e soñeando”.

Nos momentos de evasión onírica en tempo real dáme por buscar o lado cómico das situacións e por xogar coas palabras, é algo xa enfermizo, que lle vou facer… Se investise ese tempo en estudar para notario igual o meu patrimonio o “notaría”, pero non me deu por aí. Como sabedes, todo galego humorista que se prece xoga cos dobres e os triples sentidos, aínda que na maioría dos casos o que prima de verdade é o “sen sentido”, o surrealismo e o rir por rir.

Ao marxe do anterior, e nos momentos de lucidez (que os hai, non vaiades pensar… que para pensar xa estou eu), cos meus debuxos fago unha importante labor social dándolle unha lectura reinterpretativa á realidade que nos amosan, moitas das veces encuberta e orballada. Por iso coido que cómpre desenmascarala coa axuda desa ferramenta tan galega, a retranca, enxebre ironía que nos permite reinterpretar con humor as realidades do día a día. “Ás veces a realidade é tan dura que cómpre facela entrar coa axuda dunha vaselina chamada humor”.

Xosé Manuel Fernández Nado en París, a súa vida discurre nos seus primeiros anos en Barcelona e logo en Galicia, primeiro en Quiroga e logo en Santiago de Compostela, residindo actualmente en Monforte de Lemos.

Na súa primeira etapa galega vivía en Anguieiros e estudiaba en Quiroga, e foi neste momento cando prendeu a súa afección polo debuxo. Daquela xa participaba na revista da escola e gañaba concursos de postais de Nadal, logo na casa, mataba o tempo debuxando todo aquilo que lle gustaba, dende personaxes de cómic ou de tv ata situacións cotiás do día a día.

Establecido na cidade condal compaxinou os estudios (COU, Xeografía e Historia e Dereito) coas primeiras publicacións. Do 1.991 ao 1.998 colaborou na revista “Don Camilo”, publicación trimestral do Concello de Quiroga, e do ano 1.990 ao 2.000 aproximadamente na revista semanal de fútbol “Don Balón”, onde traballou facendo ilustracións gráficas de goles.

Nesta etapa colaborou en varios programas de radio en galego, chegando a ser director dalgún deles, e tamén con ilustracións e viñetas en varias revistas feitas pola comunidade galega en Barcelona (Lúa nova, Lúa, O Horreo).

No 1.995 participou nunha exposición de humor gráfico na “Semana Cultural Galega” celebrada no Centro Cultural “La Casa del Rellotge” da Zona Franca en Barcelona. E no 2.000 tivo a oportunidade de expoñer, por xentileza de ACEGA (Asociación para a Comunicación cos Emigrantes Galegos), unha escolma dos seus debuxos no Hotel d’Entitats Sanfeliu de L’Hospitalet de Llobregat.

A partires do 2.000 participou en varias convocatorias dos premios que organizaba o Museo do humor de Fene (Curuxas do Humor).

No ano 2.001 comeza a colaborar no xornal galego A PENEIRA, no seu suplemento de humor, O FARELO, e tamén nun boletín publicado por ERGaC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya) coñecido como A MICRO PECHADO. Durante dous anos foi director desta publicación e aínda hoxe colabora activamente con esta Asociación dende Monforte como correspondente radiofónico, debuxante e articulista de opinión.

Xa no ano 2.006, antes de voltar a Galicia, organiza xuntamente co Centro Galego de Barcelona unha exposición de banda deseñada baixo o título “Alma deBuxo” cunha escolma dos seus mellores traballos ata o momento.
En agosto do ano 2.010 repite a exposición anterior no Museo Etnográfico de Quiroga baixo o título “O que non ten que facer, nas ocorrencias atopa pracer”.

Nestes últimos anos colabora cunha sección de humor para o xornal GALICIA HOXE, e coa revista de humor A RETRANCA, sigue participando activamente no boletín A MICRO PECHADO e realiza ilustracións, deseños e viñetas para páxinas web, publicacións dixitais e para o seu blog de humor coñecido como “Hermanager

···························

···························

Os comentarios estan pechados

·································································································································································

·································································································································································

HISTÓRICO

···························

···························

SÍGUENOS

Síguenos no Facebook
Síguenos no Twitter

···························

···························

···························

···························

.

PUBLICIDADE

Iniciar sesión - 000111 | PubliZidade con Z