O goberno municipal iniciou xa os trámites de solicitude ó Ministerio de Fomento
Mos | A alcaldesa informou hoxe de que dende o Concello se está negociar co Ministerio de Fomento, a posibilidade de que dende o Ministerio se acometa a construcción dunha rotonda definitiva na Avenida de Sanguiñeda, antes da Ponte do Senlle, onde dende fai varios meses se atopa xa instalada polo propio Fomento unha rotonda provisional.
“Visto que a rotonda provisional leva xa varios meses colocada logrando importantes melloras na seguridade vial da zona, dende o goberno local puxémonos en contacto con Fomento para iniciar os trámites que sexan necesarios para que o Ministerio realice a obra da rotonda definitiva”, declaraba esta mañá a rexedora municipal.
E é que, tal e como explicaron os concelleiros mosenses de vías e obras, Alberto Méndez, e o da parroquia de Sanguiñeda, Isidoro Táboas, a seguridade vial era un dos principais problemas da zona na que agora se atopa ubicada a rotonda provisional, xa que os vehículos que saían da saída de Piñeiro-Agueiro cara á Avenida de Sanguiñeda atopábanse, antes da instalación da glorieta, cos que saían da autovía tamén cara a Sanguiñeda e que levaban bastante velocidade ó provir da autovía ademais de circular con pouca visibilidade dado que esta última saída se atopa nunha curva; circunstancias polas cales, antes de existir a rotonda, se produciron varios accidentes de tráfico de carácter moi grave.
Neste sentido, coa instalación da rotonda provisional que se espera sexa definitiva, mellóranse as condicións para unha condición segura, ademais de aportarlles ós conductores a posibilidade de realizar un cambio de sentido de xeito seguro tamén, sobre todo no caso de vehículos pesados como camións; xa que anteriormente á colocación da glorieta provisional estes facían os cambios de sentido nesta zona de forma perigosa, concretamente na nova isleta construída na Avenida de Sanguiñeda, chegando incluso a pisala durante o cambio de sentido co conseguinte deterioro que iso supón para dita isleta.









