·································································································································································

·································································································································································

O Auditorio de Goián acolle o XIX “Encontro dos pobos”

O festival está organizado polo Grupo de Gaitas e Baile Do Lusco ó Fusco.

Tomiño | O Concello de Tomiño acolleu este domingo a XIX edición do Encontro dos pobos. O Auditorio de Goián foi o lugar escollido para celebrar este evento que como tódolos anos organiza o Grupo de Gaitas e Baile Do Lusco e Fusco.

Nesta edición participaron tres grupos: Virxe do Alivio de Tomiño, Itxas-Alde de Euskal-Herria e Do lusco ó fusco de A Guarda. O encontro deleitou coas súas actuacións ao público presente que xa puidera escoitar aos grupos na praza de Goián durante a tarde.

Como ven sendo habitual por estas datas o Grupo do Lusco ó fusco organiza o seu encontro con outros grupos de diferentes lugares. Este é un festival folclórico que procura mellorar o coñecemento do folclore propio e doutros lugares e dalo a coñecer mediante o intercambio.

Previamente a actuación, os músicos puideron coñecer o Espazo Fortaleza grazas a unha visita guiada. Deste xeito, tanto os grupos galegos como o de Euskal-Herria puideron tomar contacto co patrimonio tomiñés e descubrir en maior medida o lugar no que ían actuar.

O Concello de Tomiño recibiu aos tres grupos na noite de onte. A Alcaldesa, Sandra González, e a Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, foron as anfitrionas do evento.

A Alcaldesa, na súa intervención, sinalou “a importancia destes encontros para o enriquecemento cultural dos individuos e agradecer aos organizadores o seu traballo xeneroso e desinteresado”.

···························

···························

Os comentarios estan pechados

·································································································································································

·································································································································································

HISTÓRICO

···························

···························

SÍGUENOS

Síguenos no Facebook
Síguenos no Twitter

···························

···························

···························

···························

.

PUBLICIDADE

Iniciar sesión - 000111 | PubliZidade con Z