·································································································································································

·································································································································································

O Festival do Social Media de Galicia dá a coñecer os finalistas nas distintas categorías do #MexilOnseTuits

Este sábado, 9 de xuño, entregaranse os trofeos durante o festival que se celebrará en Bueu

Bueu | A organización do Festival Social Media de Galicia apura nestes días os últimos preparativos para que Bueu se convirta o vindeiro sábado, 9 de xuño, na capital das redes sociais en Galicia. E para iso onte o xurado completaba o seu primeiro trámite dando a coñecer os finalistas nas distintas categorías a concurso. O director do Festival, Francisco Graña, amosábase moi satisfeito coa boa acollida e o gran número de proxectos presentados, algo que fixo moi complexo o traballo do xurado, explicou. “De feito, a categoría correspondente á Mención Especial Territorio Nacional o xurado recomendou deixala deserta porque se presentaran proxectos con gran disparidade, difícilmente comparables, polo que agardaremos a posteriores ediciones para redefinir algunhas das categorías a concurso”, afirmou.

Axencias con pegada nacional como Elogia, de ámbito autonómico como NaranjaLimón; campañas con importantes investimentos como a de Estrella Galicia ou con caracter low cost, como Stabri ou Sabor a Vida son algúns dos proxectos que pasaron á final, xunto con blogueiros de moda (Nyxstyle; Fashion-Low cost; Alicemadness), turísticos (Vivir Galicia; Vagamundos ou Mola Viajar); gastronómicos (Recetas de Rechupete; O Bandullo; Uno de dos) ou informativos/culturais (Serantes; Manuel Gago; Briefing galego), sen esquecer aos candidados ao mellor video viral con traballos para dar a coñecer o Festival Trincadeira, promover a Federación Galega de Surf ou dar a coñecer unha tenda de moda.

Relatorios a cargo de Rubén Bastón e David Serantes
Responsables dos proxectos e blogueiros nominados daranse cita este sábado para coñecer quen finalmente acada os trofeos do MexiloneTuits, elaborado polo artista José Cerviño para a ocasión. Pero antes de coñecer a decisión final do xurado, os participantes terán a oportunidade de asistir a senllos relatorios a cargo de Rubén Bastón, director global do servizo de Social Media de Elogia, e David Serantes, consultor, relator e blogger de La Voz de Galicia. Xa a continuación coñecerase a decisión do xurado, e como a tensión dá fame, público e finalistas poderán participar dunha degustación dos produtos propios da gastronomía galega, así como o resto das actividades que completarán o Festival como rutas guiadas no Museo Massó e bautismo de mar nas embarcación tradicionais de “Os Galos”.

Relación completa dos finalistas do Festival Social Media de Galicia

Mellor Axencia 2011:

  • Tuapli
  • Naranjalimón
  • Elogia

Mellor Blog Gastronómico:

  • Recetas de Rechupete
  • O Bandullo
  • Uno de dos

Mellor Blog de Turismo:

  • Vivir Galicia
  • Vagamundos
  • Mola Viajar

Mellor Blog informativo/cultural:

  • Serantes
  • Manuel Gago
  • Briefing galego

Mellor Blog de Moda:

  • Nyxstyle
  • Fashion-Low cost
  • Alicemadness

Mellor Video Viral:

  • Madre Films
  • Ah Moda
  • A Trincadeira

Mellor Campaña en Canles Sociais:

  • Pizza Móvil
  • Gafa Vintage
  • Estrella Galicia

Mellor Integración Online/Offline:

  • Stabri
  • Mátalos de risa
  • Avexperience

Mellor Campaña Low Cost:

  • Stabri
  • Sabor a Vida
  • Gafa Vintage

http://festivalsocialmediadegalicia.com

···························

···························

1 Comentario para “O Festival do Social Media de Galicia dá a coñecer os finalistas nas distintas categorías do #MexilOnseTuits”

Os comentarios estan pechados

·································································································································································

·································································································································································

HISTÓRICO

···························

···························

SÍGUENOS

Síguenos no Facebook
Síguenos no Twitter

···························

···························

···························

···························

.

PUBLICIDADE

Iniciar sesión - 000111 | PubliZidade con Z