·································································································································································

·································································································································································

O PSOE aclara a súa postura sobre as retribucións da Corporación Municipal

 A Peneira dixital_Delfín Domínguez

Ponteareas | Dende o PSOE de Ponteareas queremos puntualizar as afirmacións que fai o BNG de maneira tendenciosa en canto ó posicionamento do Grupo Municipal Socialista sobre as retribucións da Corporación Municipal de Ponteareas.

Queremos lembrar que foi grazas o Grupo Municipal Socialista que ó inicio desta lexislatura os gastos das adicacións do goberno municipal se rebaixaron nun 30% e unha redución do 20% nas retribucións para o conxunto da corporación. Estas medidas supuxeron un aforro anual de 64.000 euros o que significaría un aforro total para toda a lexislatura de 256.000 euros, cantidade significativamente maior da proposta polo BNG.

O que o PSOE non aceptou naquel momento e polo tanto votou en contra,  foi á proposta conxunta de BNG e ACIP que pretendían que os partidos políticos da oposición, ademais dos concelleiros, tamén puideran cobrar do Concello outras tres persoas mais, alleas á Corporación. Esta proposta tivo a oposición frontal do PSOE por entender que era indecente que puidera haber mais liberados “chupando” da Corporación Municipal máxime nun momento de crise coma o actual, no que debemos ser especialmente escrupulosos coa xestión dos recursos públicos.

Recentemente, e con motivo da discusión do Plan de Axuste Económico, o PSOE propuxo, entre outras medidas, a redución de 100.000 euros no conxunto das retribucións de toda a Corporación Municipal, goberno e oposición. Esta medida, na que o PSOE vai seguir insistindo, suporía reducir en mais de un 25% todos os conceptos retributivos sen excepcións, adicación do Alcalde e os concelleiros, asistencia a plenos e comisións e tamén o pago a grupos políticos. Esta reducción de 100.000 euros anuais superaba con moito á proposta polo BNG que era menor de 50.000 e que afectaba a menos conceptos retributivos.

Polo tanto o PSOE sempre fixo propostas moito mais ambiciosas que o BNG na reducións das retribucións dos políticos de Ponteareas, e dende logo rexeitou de plano os “chanchulleos” dos nacionalistas coma propoñer que 3 persoas de partidos políticos, alleas a Corporación Municipal, puideran cobrar con cargo ó Concello.

Asdo: Delfín Domínguez Cerdeira

Voceiro do Grupo Municipal Socialista

···························

···························

Os comentarios estan pechados

·································································································································································

·································································································································································

HISTÓRICO

···························

···························

SÍGUENOS

Síguenos no Facebook
Síguenos no Twitter

···························

···························

···························

···························

.

PUBLICIDADE

Iniciar sesión - 000111 | PubliZidade con Z