OS DA RIA
sabado 23 Xuño / 23.00 h
6 € / 5 € (anticipada) / 3 € (soci@s)

O Porriño | O dúo Os da Ría Íntimos, o mellor destes grandes divos da canción lixeira galega máis preto do público que nunca! A banda Os da Ría comezou a súa xira Chin chin por Os da Ría en 2009 integrada por un total de 6 músicos. En 2010 deu un paso máis e configurou unha nova versión do Chin Chin que deu no espectáculo Os da Ría Íntimos. Un show con só 3 músicos, cunha mostra do repertorio Chin chin reducida a 60 minutos de espectáculo, co mesmo humor, o mesmo talento e o mesmo bo facer ao que nos tiñan xa afeitos. En 2011 a banda acadou un novo fito na súa traxectoria, esta vez, vencellado á web 2.0. Un logro acadado grazas á colaboración da empresa A Navalla Suíza que fixo un marabilloso traballo coa gravación do Chin chin na súa estrea na Sala Nasa de Compostela.









