Ponteareas | The Winning Numbers son unha formación beat que executa un pop sixtie delicado cunha grande riqueza instrumental.
Un trío básico de guitarra, baixo e batería cunha clara orientación ao Beat-Pop de principios dos anos 60, na que a sencillez e efectividade de música e letras marcou unha época.
Con sede en A Guarda (Pontevedra), The Winning Numbers nace co fin de crear cancións animadas baseadas na melodía e o ritmo, abertas a un público diverso, e rendir tributo coa sua música a unha época e un lugar.
Reconocen influencias de The Small Faces, The Beatles, The Kinks, The Zombies e The Remains, entre outras moitas.
Venres 6 ás 00:15 h. Entrada de balde.










